|
Descrición |
Cualificación |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Realización e entrega de informe das simulacións CFD propostas ao estudiante |
20 |
A2 A3 A5
|
|
C16 C18 C19 C20 C22 C25 C26 C28
|
D3 D4 D5 D6 D8 D11
|
Prácticas con apoio das TIC |
Asistencia e participación activa nas prácticas CFD |
1.5 |
A2 A3 A5
|
|
C16 C18 C19 C20 C22 C25 C26 C28
|
D3 D4 D5 D6 D8 D11
|
Resolución de problemas |
Asistencia ás sesións de resolución de problemas e entrega dos problemas propostos. MFII |
3.5 |
A2 A3 A5
|
|
C16 C18 C19 C20 C22 C25 C26 C28
|
D3 D4 D5 D6 D8 D11
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realización de probas escritas, resolución de exercicios, casos prácticos. MFII |
30 |
A2 A3 A5
|
|
C16 C18 C19 C20 C22 C25 C26 C28
|
D3 D4 D5 D8
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realización de probas escritas, resolución de casos e conceptos de CFD. |
10 |
A2 A3 A5
|
|
C19 C20 C26 C28
|
D3 D5 D8 D11
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realización de probas escritas, resolución de exercicios, casos prácticos. MFII |
35 |
A3 A5
|
|
C18 C19 C22 C25 C26
|
D4 D5 D8
|
|
Outros comentarios sobre a Avaliación |
Primeira edición da acta: En xeral, para todo o alumnado, empregarase un sistema de avaliación continua. Non obstante, o/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global
segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria, nese caso terán a posibilidade de realizar un exame final, de 5h de duración (con descanso no medio) que suporá o 100% da súa nota.
Se o alumnado participa nalgunha das probas de cualificación dentro da avaliación continua, considerarase como presentado á materia. A avaliación continua considérase ata xullo, polo que as cualificacións acadadas en todas as actividades realizadas con anterioridade, se manteñen ata a convocatoria de xullo, non se gardará dun curso escolar para outro.
A avaliación continua da materia realizarase mediante as seguintes probas e pesos: - 35% Proba escrita de avaliación continua sobre o coñecemento do MFII.
- 30% Proba escrita de avaliación continua sobre o coñecemento do MFII.
- 20%. Entrega do/s Proxecto/s CFD de simulación numérica proposto ao alumnado polo profesorado.
- 10% Proba escrita de avaliación continua sobre coñecementos CFD
- 3,5% Asistencia, entrega de problemas propostos polo claustro, e participación activa nas clases prácticas e resolución de problemas do MFII.
- 1,5% Asistencia, entrega de problemas propostos polo profesorado, e participación activa nas clases prácticas de CFD.
Para superar a materia será necesario obter un mínimo (2 sobre 10), en todas e cada unha das probas realizadas, e acadar un 5 sobre 10 no total de avaliacións.
Segunda oportunidade: Todas as cualificacións obtidas previamente en todas e cada unha das probas de avaliación continua da primeira edición, poden gardarse para a segunda oportunidade, e será o alumnado o que decida a que actividades volve a avaliarse en segunda oportunidade, coa excepción das evacuacións relativas a asistencia.
Na convocatoria fin de carreira, avaliarase mediante un único exame final, que suporá o 100% da nota.
Espérase que o alumnado amose un comportamento ético adecuado. No caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Segundo o tipo de comportamento pouco ético detectado, pódese concluír que o alumno/a non acadou as habilidades necesarias.
Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir na aula de exames un dispositivo electrónico non autorizado terá a consideración de motivo de non superación da materia neste curso académico e quedará suspendida a nota global (0,0).
|