Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos relacionados coa diversidade e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B1 |
Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teóricos-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas. |
B4 |
Favorecer a adquisición dos coñecementos e destrezas idóneas para o deseño, posta en práctica e avaliación de propostas de intervención no ámbito da diversidade, ofrecendo novas iniciativas na resolución dos problemas. |
B5 |
Adquirir un compromiso ético no desenvolvemento da profesión, nomeadamente no referido ao apoio dos colectivos e sectores sociais discriminados e menos favorecidos. |
C3 |
Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador |
C5 |
Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica |
C6 |
Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional |
C7 |
Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade |
C10 |
Relacionar os contidos do mestrado coa experiencia persoal e con situacións educativas reais, mediante a utilización de narracións autobiográficas |
C13 |
Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade |
D3 |
Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade |
D5 |
Favorecer o traballo cooperativo, asumindo responsabilidades e aceptando a disparidade de opinións |