Os
alumnos poderán escoller unha das modalidaes de avaliación. Os que elixan a
modalidade de Avaliación Global deben indicalo por escrito ao profesor no mes
de setembro. De non facelo incluiráselles na avaliación continua. AVALIACIÓN
CONTINUA: O
sinalado no apartado anterior. AVALIACIÓN
GLOBAL: A
avaliación da parte teórica realizaranse nas datas oficiais de exame para cada
oportunidade de avaliación establecida no calendario académico. Os
traballos dos Grupos B: os alumnos realizarán dous traballos. O primeiro será
presentado a finais de outubro e o segundo en decembro. Os
traballos tutelados dos Grupos C: entregarán nas mesmas datas do parágrafo
enterior os ensayos sobre os temas propostos polo profesor a principios de
curso. As
porcentaxes son as mesmas que no caso de avaliación continua. As partes da materia superadas na convocatoria ordinaria non serán obxecto de avaliación na segunda convocatoria, considerándose aprobadas nese curso. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guia poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presenta o alumnado adscrito ao programa PIUNE |