Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia, así como achegas de obras literarias, materiais, estratexias, recursos, experiencias, fontes etc. Buscarase o diálogo permanente co estudantado, que asumirá unha participación activa e reflexiva. |
Cartafol/dossier |
Recompilación de textos e outros materiais de síntese, análise, crítica, creación, reflexión... asociados ás aulas teóricas e prácticas |
Eventos científicos |
Asistencia a eventos que permitan coñecer con maior profundidade os axentes que conforman o sistema literario infantil e xuvenil |