É obrigatoria a asistencia polo menos ao 80% das clases, tanto teóricas como prácticas, e a realización e entrega de todas as actividades puntuables que formen parte do sistema de avaliación. A falta de cumprimento desta porcentaxe de asistencia e/ou da realización ou entrega dalgunha destas actividades conleva unha avaliación distinta, baseada exclusivamente na realización do exame final, que neste caso suporá, polo tanto, un 100% da cualificación. No caso de non poder asistir ás clases (por traballo, enfermidade, incompatibilidade de horarios...), contactar co/coa docente o antes posible. Para a superación do traballo tutelado e do exame de preguntas de desenvolvemento deberase obter polo menos a metade da cualificación máxima establecida. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto, como aprobadas nese curso académico. A realización dalgunhas actividades poderá plantexarse mediante a aplicación de técnicas de Aprendizaxe cooperativa e ser avaliadas en parte tendo en conta as competencias demostradas para o traballo en equipo, de acordo con esta metodoloxía. AVISO: a detección de plaxio nalgunha das tarefas ou traballos propostos suporá a perda do dereito á avaliación continua. As datas dos exames poderanse consultar na web da Facultade de Educación e Traballo Social. 2ª CONVOCATORIA O alumnado deberá repetir exclusivamente os traballos e/ou probas de avaliación que non fosen superadas na 1ª convocatoria. OBSERVACIÓNS En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e
a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e
sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en
todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe
establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma
Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o
desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en
exercicio. |