Alumnado que opte pola metodoloxía de avaliación continua (80% de asistencia):
Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar cada un dos traballos que se indiquen e o exame. As partes da materia superadas na primeira oportunidade non serán obxecto de avaliación na segunda, considerándose, polo tanto, aprobadas nese curso académico. Ver datas dos exames na páxina web da Facultade. Aqueles estudantes que, por causa xustificada, NON POIDAN ASISTIR regularmente serán avaliados: - Proba escrita: 50% -Traballo escrito, sobre un tema ou parte dun tema: 50% Comunicaralle á persoa docente a súa decisión de aterse á metodoloxía de avaliación global nas primeiras seis semanas de
inicio do cuadrimestre para marcar un plan de traballo Data do exame: consultar a web da facultade. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa
finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica,
os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación
adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a
consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste
documento. Abrirase
un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e
probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado
do curso ponte ou profesionais en exercicio. |