A finalidade primera da didáctica das artes plásticas e visuais é proporcionar ao alumnado unha formación
artística e didáctica de calidade, tanto no que se refire á capacidade de formalizar e interpretar producións
plásticas e visuais nos diversos ámbitos e territorios da arte (concepto ampliado de arte), como á capacidade
para deseñar accións educativas e materiais didácticos para a formación artística do alumnado de primaria.
Por elo partirase da construción dun sustrato de coñecementos teóricos fundamentais da linguaxe plástica e
visual e da historia da arte combinados coa práctica dunha serie de destrezas e habilidades
formais/procedimentais que armen ao alumno/a de ferramentas críticas, discursivas e creativas.
As tarefas procedimentais convivirán coa análise e reflexión sobre os espazos da arte como espazos de
aprendizaxe, vinculando así as linguaxes actuais da arte coa educación artística do alumando de primaria.