O alumnado poderá elixir ser avaliado
mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou
alternativamente, optar por unha proba de Avaliación Global
(AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo Centro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar. -- Avaliación continua. En
caso de non renunciar á avaliación continua: Neste
caso o alumnado deberá realizar o conxunto de actividades e probas de
avaliación descrito no apartado de Metodoloxías/Probas que valerán o 35%, 35% e
30% da nota respectivamente. Para poder ser avaliado por este sistema hai
que asistir polo menos ao 75% das horas de docencia presencial. -- Avaliación global. O alumnado será avaliado mediante unha proba
teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade.
Esta proba representa o 100% da nota. No suposto de non superar a nota en primeira
oportunidade, o alumnado poderá ser avaliado de novo na segunda oportunidade a
través dunha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de
exames do Master. Esta proba suporá o 100% da nota. Os estudantes que non participen na AC nin na
AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título
VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación
e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
) As datas e horas das probas de AG (de
primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Master (CAM) para o presente
curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán
as publicadas na web do Master: www.mbadeporte.es |