A (introdución) á Economía é un curso de ciencia económica. En cada tema, comezamos cunha pregunta ou un problema sobre economía (por que a chegada do capitalismo asóciase cun forte aumento no nivel de vida media, por exemplo) e logo ensinamos as ferramentas da ciencia económica que contribúen a unha resposta.
Para cada pregunta, o material está na mesma secuencia. Comezamos cun problema histórico ou actual, mesmo si é un complexo, e logo utilizamos os modelos para dilucidalo. Debido a que o curso empeza con grandes problemas, preguntas da historia e asuntos actuais, os modelos e explicacións que usamos necesitan ter en conta os fenómenos do mundo real. Por exemplo, os actores nunca teñen información completa sobre todo o relevante para as decisións que toman, os motivos que non sexan o interese propio tamén son importantes, e o exercicio do poder no comportamento estratéxico a miúdo ten que ser parte da explicación do resultado observado.
Recentes avances en Economía dannos as ferramentas para facer isto. E debido a que aplicamos modelos económicos a importantes, complexos e difíciles problemas, os estudantes do curso aprenden inmediatamente tanto as ideas obtidas do modelado, como as inevitables deficiencias dos modelos.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en in