O alumnado deberá optar entre a avaliación continua a través
da realización de tres probas ao longo de cuadrimestre máis a realización e
entrega dun traballo en grupo ao final do cuadrimestre (estas probas conforman o 100% da nota final), ou de maneira alternativa, pola avaliación non continua, é
dicir, avaliación global de toda a materia nos exames finais das convocatorias
oficiais (100% nota final). O método de avaliación exposto no punto anterior desta guía (`Avaliación´)
é para a avaliación continua. AVALIACIÓN CONTINUA: as probas teórico-prácticas
sobre os contidos da materia están representadas por dúas probas parciais,
supoñen o 40% da nota da avaliación continua e teñen carácter de mínimo. É
dicir, é indispensable presentarse ás dúas probas parciais programadas e
superalas, por tanto, débese obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada unha
destas probas para que se consideren superadas, e así poder sumar o resto das
avaliacións da materia que conformarían a nota final. Se non se superan ambas
probas parciais a nota para incluír na acta final da convocatoria
correspondente será de suspenso (NP no seu caso). Ademais, para poder ser
avaliado en avaliación continua é absolutamente imprescindible realizar o
traballo en grupo e entregalo nunha data única e concreta estipulada polo
docente (maio/xuño). Por tanto, se o grupo de alumnado non realizase/entregase
na data única estipulada o traballo en grupo, a súa nota na acta correspondente
será de suspenso (NP no seu caso). Este grupo de alumnado para superar a materia
deberá presentarse a un exame pola totalidade da materia (100% da materia),
exame a 10 puntos (este exame terá un formato igual ou similar ao que se
realiza para a avaliación non continua). Por outra parte, o alumnado poderá renunciar ás notas obtidas
durante o cuadrimestre en avaliación continua e presentarse ao exame que leva a
cabo na convocatoria de xuño sobre toda a materia (100% da materia), exame a 10
puntos (este exame terá un formato igual ou similar ao que se realiza para a
avaliación non continua). A nota para considerar na acta da convocatoria de
xuño para o alumnado que se acolla a esta última opción será a desta última
proba. Se o alumnado non superase este exame de 10 puntos deberá presentarse na
convocatoria de xullo a un novo exame na mesma modalidade de exame (é dicir,
exame a 10 puntos sobre a totalidade da materia). AVALIACIÓN NON CONTINUA: na convocatoria de maio/xuño e para
a convocatoria de xullo, o alumnado que elixa esta modalidade deberá realizar
un exame sobre todo o contido da materia, 100% da materia (valor 10 puntos).
Esta proba terá duas partes: unha parte teórico-práctica e outra parte, na que
o alumnado deberá demostrar que ten as habilidades e competencias adquiridas na
materia mediante un exercicio práctico a desenvolver en folla de cálculo nunha
aula informática. En ambas partes da proba esixirase un mínimo para
consideralas superadas (5 sobre 10 en cada unha das partes). Por tanto, se o
alumnado non obtén os mínimos especificados, a nota na acta será de suspenso. CONVOCATORIA DE FIN DE CARRERA: o exame supoñerá o 100% da
cualificación, valor 10 puntos e cuxo formato será similar ao proposto para a
avaliación non continua. Outras apreciacións: As especificidades da materia serán desenvolvidas e
publicadas na plataforma de teledocencia Moovi. Neste sentido, todos os
comentarios realizados anteriormente sobre a avaliación da materia estarán
detallados e colgados de forma permanente nun documento na plataforma de
teledocencia Moovi para que o alumnado teña acceso aos mesmos de forma rápida,
sinxela e directa durante o curso. As diferenzas entre sistemas de avaliación e
metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración e
Dirección de Empresas na Universidade de Vigo, xustifícanse pola necesaria
adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e
adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada
centro, especialmente en canto ao tipo de grupos, e número medio de alumnado
por grupo. As probas de avaliación prevense para unha modalidade presencial.
Con todo, chegado o momento da súa realización ante a imposibilidade de
dispoñer dos espazos e/ou profesorado necesario para realizar as mesmas, estas
poderían realizarse de forma non presencial, ben a través dos distintos
recursos telemáticos dispoñibles na Uvigo (plataforma Moovi), correo
electrónico, campus remoto ou no seu caso, mediante probas de forma oral. |