Resolución de problemas |
Aprendizaxe vicaria a través da resolución na aula por parte da docente de exercicios prácticos, mediante a súa exposición en lousa e/ou en folla de cálculo Excel. Resolución por parte do alumnado de exercicios prácticos ben en grupo ou individualmente. Debate de resultados. |
Prácticas con apoio das TIC |
Actividades/exercicios prácticos de aplicación de coñecementos a situacións concretas, e adquisición de habilidades e procedementos relacionados sobre o aprendido na materia, que levarán a cabo nunha aula informática, utilizando xeralmente como ferramenta a folla de cálculo Excel. |