AVALIACIÓN CONTINUA. De acordo coa normativa da Universidade, este é o sistema preferente de avalliación. No entanto, se podrá optar polo sistema alternativo durante o prazo establecido pola Xunta de Facultade, que para este curso é do 29 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2024. Para a avaliación por este sistema, haberá catro probas do tipo indicado ao longo do cuadrimestre; cada unha delas conta un cuarto (25%) da nota final. O tres primeiras se realizarán durante o período de clases, nas datas que se irán determinando conforme se desenvolva a materia; a última, na data establecida pola Xunta de Facultade como oficial de exame en "primeira oportunidade". Coincidirá, por tanto, co exame final que tamén se realizará na devandita data, co que non debe confundirse -e non hai que facer-. AVALIACIÓN GLOBAL. Para os alumnos/as que non sigan o sistema de avaliación continua e para os que renuncien ao mesmo haberá un só exame final tamén de tipo test que comprenderá o conxunto da materia. Se realizará o día establecido pola Xunta de Facultade como data oficial de exame, coincidindo coa última proba de avaliación continua. SEGUNDA CONVOCATORIA. Na data establecida pola Xunta de Facultade como oficial de exame en "segunda oportunidade" haberá un só exame final do mesmo tipo e contido indicado no párrafo anterior. Calquera resultado obtido en probas de avaliación continua decae pasada a primeira convocatoria. En todo caso, a nota obtida no exame final prevalece sobre calquera outra. As datas e os horarios das
probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas
no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade para o curso actual. En caso de conflito ou disparidade sobre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |