Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Xeografía e Historia
Nesta materia preténdese que os estudantes, en primeiro lugar, coñezan e apliquen as estratexias de innovación educativa básicas a partir do coñecemento da realidade actual dos sistemas educativos, da organización dos centros e do deseño e desenvolvemento do currículo.
En segundo lugar, trata de que os estudantes adquiran coñecementos relativos á investigación educativa e as posibilidades e vías existentes para o seu desenvolvemento no actual sistema de ensino, así como sobre aqueles aspectos relativos ao deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito das ciencias sociais, a xeografía e a historia.