Aprendizaxe baseado en proxectos |
Valorarase o desenvolvemento de competencias a partir da integración de diversas estratexias de aprendizaxe con microdeseños, análises de situación/problemas ou casos, recursos dixitais, etc. |
30 |
|
B3 B4 B5 B6 B10
|
C4 C13 C17 C22 C27 C31
|
D2
|
AVALIACIÓN CONTINUA: Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avaliación continua. Esta asistencia debe ser a lo menos do 80% estando admitido faltar ó 20 % da presencialidade. Para superar a materia será preciso que os/as estudantes obteñan en cada proba como mínimo un 50% da cualificación nese apartado. AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que non poida seguir a avaliación continua realizará unha proba dos contidos da materia, na data marcada no calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba suporá o 100% da nota final. Os pormenores e características de dita proba serán concretadas polo profesorado o día da presentación da materia ou cando se faga a consulta persoalmente. Aqueles/as estudantes que non superen as probas ou actividades obxeto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na 1ª oportunidade. Poden consultarse as datas oficiais de avaliación da materia na web do Mestrado no espazo "exames". En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |