Materia adicada ao estudo dos sistemas territoriais e as suas paisaxes dende unha perspectiva aplicada do coñecemento xeográfico. Céntrase no diagnóstico e análise do territorio e da paisaxe dende unha perspectiva holista, tendo en conta os criterios de valor e a problemática da sua ordenación/xestión no ámbito da sociedade.