Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. |
Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. |
Eventos científicos |
Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates, etc., realizados por poñentes de prestixio, que permitan profundizar ou complementar os contidos da materia. |
Saídas de estudo |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo (visitas a centros de investigación, empresas, institucións, etc., prácticas de campo) de interese académico-profesional para o alumno.
|