Seminario |
Resolución autónoma, tanto en aula como fora de aula,
dos exercicios e estudos de casos prantexados. O alumno pode ter apoio/orientación nas horas de titoria
ou a través da plataforma de teledocencia de Universidade de Vigo.
Con esta metodoloxía evaluaránse todos os resultados da aprendizaxe |
30 |
A4
|
B3
|
C38 C40
|
D5
|
Presentación |
Como emisor: Valorarase a organización e síntese do material presentado, a claridade na exposición e a resposta ás preguntas realizadas. Como receptor: Valorarase a participación no turno de preguntas despois da exposición dos compañeiros, considerando os comentarios/cuestións realizadas. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. |
15 |
A4
|
B2 B3
|
|
D2 D3
|
- A avaliación é continua
(modalidade de avaliación preferente) aínda que o alumnado poderá dispoñer como
alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen
realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo
ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma
Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da
docencia da materia. - Alumnos
con responsabilidades laborais:
considerarase por defecto que os alumnos seguen a materia nunha modalidade
normal cando teñen dispoñibilidade horaria para asistir ás actividades
docentes. No caso de alumnos que non poidan facelo, deberán porse en
contacto coa responsable da materia durante as 2 primeiras semanas de clase
mediante correo electrónico. Estes alumnos deberán aducir motivos
razoables e probados (normalmente de índole laboral) para tal elección e
indicaráselle, en función de cada caso, como deben cursar e examinarse das
diferentes metodoloxías. - É necesario aprobar o exame de toda a
materia (obter un mínimo de 5 puntos sobre 10). De non superarse esta
cualificación mínima, a cualificación da materia será a que corresponde a
este exame, ca correspondente ponderación. - No caso de alumnos que non asistan ás
metodoloxías de "seminarios" (Entrega dos exercicios plantexados
para a súa resolución) terán a posibilidade alternativa de realizar un
exame adicional, na mesma data que o exame xeral, que incluirá cuestións
ou problemas relacionados cos aspectos da materia tratados nos exercicios
antes mencionados. - No caso de alumnos que non asistan
presencialmente ás metodoloxías de "Presentacións/exposicións"
poderán subir un video gravando a súa exposición á plataforma de
teledocencia, e posterior contestación via chat ou mensaxe as preguntas
plantexadas polos compañeiros e polo profesor. Aternativamente poderán
suplir a non asistencia mencionada intensificando a participación en
"Traballos tutelados", apartado éste que pasará a ter unha
cualificación de 30% neste caso. - En Xullo o alumno poderá optar por
examinarse das partes do exame ou das metodoloxías que non superara
na convocatoria de Xuño, ou ben daquelas que desexe superar a
súa anterior cualificación obtida na convocatoria de Xuño. Asignaráselle a
maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias. - Aqueles alumnos que tendo feito menos do 30%
das metodoloxías "seminarios" (Resolución e entrega
dos exercicios propostos), "traballos tutelados" e
"Presentacións/exposicións" e non se presenten aos exames,
a cualificación que obterán será a de "non presentado". Nos
demáis casos aplicaráse a cualificación obtida seguindo as ponderacións e
requisitos expostos. - A comunicación cos alumnos realizaráse a través de
Moovi. - Aqueles alumnos que se presenten á convocatoria
"Fin de Carreira", a
súa cualificación corresponderá ca obtida no exame, que incluirá aspectos
relativos a conceptos abordados nas clases expositivas, problemas e/ou
exercicios resoltos en clase, e exercicios ou temas propostos para
realización fóra de aula e posterior entrega. - Datas
oficiais previstas para a realización dos exames: 24 de xaneiro de 2024 ás 10:00 e 4 de xullo de
2024 ás 10:00. A data para a realización do exame "Fin de
Carreira" será o 20 de setembro de 2023 ás 10:00. Ante posibles
modificacións consultar datas no taboleiro e na web do Centro.
|