A
modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aqueles estudantes
que desexen realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial)
deberán comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou a
través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da
impartición do curso. Avaliación Continua En primeira convocatoria, os estudantes deberán
alcanzar máis do 35% no conxunto do exame de preguntas obxectivas e o exame de
preguntas de desenvolvemento para que lles sexa sumada a puntuación do resto de
actividades suxeitas a Avaliación Continua e que se desenvolveran nos seus
correspondentes prazos. Para a segunda edición, os estudantes manterán por
defecto as puntuacións obtidas nas actividades de seminarios, prácticas e
traballo tutelado, pasando a examinarse unicamente das sesións maxistrais cun exame
de preguntas obxectivas e de preguntas de desenvolvemento. Os estudantes deberán acadar máis dun 35% do total deste examen para poderlle
sumar as puntuacións de seminarios, prácticas e traballo tutelado. Non
obstante, nesta segunda edición os estudantes poden renunciar as puntuacións
acadadas nesas actividades (seminarios, practicas e traballo tutelado), sendo
avaliados unicamente cun exame que constará de preguntas tipo test e preguntas
de desenvolvemento relacionados cos contidos das sesións maxistrais así coma
problemas e preguntas dos contidos de seminarios e prácticas. Este exame valerá
o 100 % da nota e será preciso acadar nel máis dun 50%. Para optar a esta
posibilidade en segunda edición, os estudantes que seguiron a Avaliación
Continua deberán renunciar por escrito as cualificacións obtidas nas
actividades de seminarios, prácticas e traballo tutelado, enviando para tal
efecto un correo electrónico ao responsable da materia unha semana antes da
data oficial do exame da segunda edición. Avaliación Global Este sistema de avaliación será o que seguirán os
estudantes que así o manifestaran en tempo e forma, ademais dos estudantes que pola
súa actividade profesional fora do ámbito académico lles impida unha
presencialidade superior ao 10% nas sesións maxistrais, seminarios e prácticas.
Neste último caso, os estudantes deberán acreditar debidamente a súa situación
(copia oficial do contrato de traballo). A Avaliación global se fará de acordo cun único exame
que reparará na consecución das competencias da materia e que valerá o 100% da
nota final sendo necesario acadar unha cualificación de 5 sobre 10. O exame da
modalidade de Avaliación global consistirá en preguntas tipo test e preguntas
de desenvolvemento relacionados cos contidos de sesións maxistrais, así coma
problemas e preguntas dos contidos de seminarios e prácticas. O tipo de exame descrito para a Avaliación Global será
o que deberán superar os estudantes que se presenten á convocatoria Fin de
Carreira, no que deberán acadar máis dun 50% da nota total para superar a
materia. En caso de non asistir a dito exame, ou de non aprobalo, pasarán a ser
avaliados polo sistema por defecto (Avaliación Continua) salvo que indiquen o
contrario en tempo e forma. Espérase que o estudantado presente un comportamento
ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados durante
prácticas, exercicios de seminarios ou exames, e outros) considerarase que o/a estudante
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global na convocatoria ordinaria (1ª edición) será de suspenso
(0.0). De persistir ou repetir este comportamento na convocatoria
extraordinaria (2º edición), a valoración será igualmente suspenso (0.0). En todo caso, a
estes efectos, se seguirán os procedementos descritos no “Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado” da Universidade de Vigo, aprobado no Claustro o
18/04/2023. Casos particulares serán revisados de forma especial,
a condición de que os responsable/s da materia consideren que o/a estudante
acade as competencias específicas da materia. Datas de exames: Fin de carreira: 26/09/2023 16 horas 1ª edición: 10/11/2023 ás 10 horas 2ª edición: 03/07/2024 ás 10 horas En caso de error na transcrición das datas de exames,
as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios
e na web do Centro. |