Seminario |
Os seminarios dedicaranse a profundizar e incidir nalgúns casos especiais de contaminación en
ecosistemas terrestres, tanto dende o punto de vista teórico como na resolución de problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Os seminarios distribúense en seis sesións de dúas horas cada un, dedicandose aos seguintes temas:
- Paleocontaminación e Antropoceno
- Análise e modelización da capacidade de retención de contaminantes en solos
- Mecanismos de neutralización da acidez en solos
- Contidos, distribución e fraccionamento de metais pesados acumulados en solos debido a
actividades antrópicas. Índice xeoquimicos de avaliación de riscos ambientais
- Dinámica de Hg nos sistemas planta-solo-auga
- Contaminación de ecosistemas por PCBs
Na séptima sesión de seminarios se desenvolvera o estudo de caso/exercicios que será tido en conta coma proba de avaliación das sesións de seminarios. |
Prácticas de laboratorio |
O profesorado planificará as diferentes prácticas en relación aos contidos da materia de xeito que os estudantes podan aplicar e completar algúns dos coñecementos teóricos que se imparten. Proxéctanse 4 sesións de entre 3 e 4 horas cada unha. Os contidos das sesións prácticas serán:
- Determinación da capacidade de neutralización de ácidos nunha variedade de solos con diferentes características químicas.
- Distribución de metais pesados en solos contaminados e non contaminados
- Estudo de retención competitiva de Cu e Zn en solos acedos
- Ensaios de fitotoxicidade por metais pesados |