1. AVALIACIÓN CONTNUA* A asistencia a clase, seminarios e prácticas non é obrigatoria, pero si a asistencia á actividade completa de presentación do traballo práctico. (data a fixar durante a primeira semana de clase e que se publicará en moovi) Primeira convocatoria ordinaria Para superar a materia será necesario obter unha puntuación superior a 4 sobre 10 en cada un dos dous exames teóricos da materia (05/12/2023 e 24/01/2024) e que a nota media de ambas supere o 5. sobre 10. A nota media destes exames suporá o 65% da nota final. O traballo práctico representará o 20% da nota final (10% da avaliación grupal do póster e un 10% da avaliación individual da presentación do mesmo). As actividades que se entregarán despois dos seminarios suporán o 15% da nota final. A avaliación dos entregables dos seminarios esixe que todos eles sexan entregados en prazo (a non entrega dalgún deles suporá que o resto non sexan avaliados). A realización das actividades de autoavaliación propostas ao longo do curso a través de moovi suporá 1 punto extra que se sumará á nota final. Para obter este punto, todas as actividades deben ser realizadas de forma oportuna. Segunda convocatoria ordinaria Para superar a materia será necesario obter unha puntuación superior a 5 sobre 10 no exame da segunda convocatoria (09/07/2024). A nota deste exame suporá o 65% da nota final. O traballo práctico representará o 20% da nota final (10% da avaliación grupal do póster e un 10% da avaliación individual da presentación do mesmo). As actividades que se entregarán despois dos seminarios suporán o 15% da nota final. A avaliación dos entregables dos seminarios esixe que todos eles sexan entregados en prazo (a non entrega dalgún deles suporá que o resto non sexan avaliados). A realización das actividades de autoavaliación non supón puntos extra nesta convocatoria. 2. AVALIACIÓN GLOBAL* A asistencia as clases ou actividades non é obrigatoria. A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aqueles alumnos que desexen realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial, 1º convocatoria: 24/01/2024, 2ª convocatoria: 09/07/2024) deberán comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través do a plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da materia. A realización das actividades de autoavaliación non supón puntos extra neste tipo de avaliación. 3 CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA* A asistencia as clases ou actividades non é obrigatoria. O alumno que opte por presentarse ao exame final (examen oficial 25/09/2023) será avaliado só co exame (que valerá o 100% da nota). Se non asiste a dito exame, ou non o supera, será avaliado do mesmo xeito que o resto do alumnado. A realización das actividades de autoavaliación non supón puntos extra nesta convocatoria. *No caso de producirse un erro na transcrición das datas de exame, serán válidas as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Centro. No caso de cambiar a data do primeiro exame da modalidade de avaliación continua, a nova data publicarase en moovi. |