Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Mecánica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Instrumentación electrónica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido durante as sesións prácticas. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 40
Exame de preguntas obxectivas Probas que se realizarán despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación
continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia
un sistema de avaliación continua.

A
materia divídese en dous partes: teoría (60%) e práctica (40%).
As cualificacións das tarefas avaliables non son recuperables e
serán válidas só para o curso académico no que se realizan.

1.a Teoría.

Realizaranse
3 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase en horario
de teoría ao finalizar o tema 4. A segunda proba realizarase
en horario de teoría ao finalizar o tema 5. A terceira
proba realizarase o mesmo día que o exame final que se celebrará
na data que estableza a dirección da Escola.
As probas non son recuperables, é dicir, que se un estudante non
pode participar o día en que estean programadas o profesor non ten
obrigación de repetilas.

Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada
proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota
das probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría
(NFT) será a media aritmética das notas dos
parciais:

NFT
= (PT1 + PT2 + PT3)/3

Para
superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos
de 10 en cada unha delas. Se se obtivo menos de 5 puntos de 10
nas dúas primeiras probas parciais, o alumno poderá recuperar as partes non superadas
o mesmo día da terceira proba parcial de teoría.

1.b
Práctica

Realizaranse
9 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos
de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas.

A valoración da parte práctica farase de forma individual para cada membro do grupo. Terase en conta o traballo individual de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido por cada estudante durante as sesións de prácticas. Cada práctica valorarase
cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás
que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP)
será a media aritmética das notas das prácticas.

1.c
Nota final da materia

Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60%
e a nota de prácticas (NFP) do 40%. Para aprobar a materia
será imprescindible superar a parte de teoría. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP

No
caso de non superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das
probas parciais de teoría, a nota final a obtida coa seguinte expresión:

NF
= 0,6·NT + 0,4·NP , onde:

NT = 5 -Suma(Ai)/3 sendo Ai = max( {0; 5-PTi} ) para i= 1, 2, 3.

NP = min( {5; NFP} )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

2. Exame final

Os alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un exame final que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final, os estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán realizar unha proba teórica que poderá conter preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos nas prácticas de laboratorio.

O exame teórico consistirá en tres probas que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas das probas parciais:

NFT = (PT1 + PT2 + PT3)/3

Os alumnos que non realizasen as prácticas da materia terán unha nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos.

Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das tres probas de teoría. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF = 0,6·NFT + 0,4·NFP

No
caso de non superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das
probas parciais de teoría, a nota final a obtida coa seguinte expresión:

NF
= 0,6·NT + 0,4·NP , onde:

NT = 5 -Suma(Ai)/3 sendo Ai = max( {0; 5-PTi} ) para i= 1, 2, 3.

NP = min( {5; NFP} )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3. Sobre a convocatoria de recuperación (xullo)

A convocatoria extraordinaria de Xullo constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua e que terá o mesmo formato que o exame final. A segunda convocatoria celebrarase na data que estableza a dirección da Escola.

Aos estudantes que se presenten a esta convocatoria conservaráselles a nota que obtivesen na convocatoria ordinaria (avaliación continua) nas partes ás que non se presenten. Ademais, nesta convocatoria os estudantes só poderán presentarse a aquelas probas que non superasen na convocatoria ordinaria.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

4. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Profesor responsable de grupo:

Grupo A1: VICENTE PASTORIZA SANTOS

Grupo A2: FRANCISCO POZA GONZÁLEZ


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000