Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Ao longo do cuadrimestre levarán a cabo unha serie de informes de actividades prácticas entregables ao profesor para a súa avaliación de forma continuada. Valorarase tamén a implicación do alumno nas clases e na realización das diversas actividades programadas, o cumprimento dos prazos de entrega e/ou exposición e defensa dos traballos propostos. |
50 |
|
|
|
|
Na modalidade de avaliación continua os alumnos superan a
materia se alcanzan a puntuación de cinco puntos, sen obriga de realizar a
proba da convocatoria ordinaria. Esíxese un mínimo do 50% da nota máxima en
cada parte e cada sub-parte. A modalidade de avaliación continua será
liberatoria, debendo recuperar só aquelas partes non superadas ao longo do
proceso de avaliación continua. Tamén poderán presentarse ao exame oficial completo quen,
aínda habendo superando a materia na modalidade de avaliación continua, desexen
modificar a cualificación obtida. Os alumnos que non superen a materia na
primeira convocatoria deberán de realizar unha proba final que contemplará a
totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá
incluír probas de resposta corta, de resposta longa, resolución de problemas e
desenvolvemento de supostos prácticos. Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito
de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será
considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a
cualificación global será de suspenso (0,0). |