Guia docente 2022_23
Escuela de Ingeniería Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Biomédica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe-servizo Avalíase mediante cuestionario sa satisfacción dos beneficiarios do servizo, ponderada coa calificación da dificultade técnica polo profesorado 0
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver
80
Práctica de laboratorio Realización práctica en Laboratorio.
Informe das actividades realizadas nas sesións de laboratorio, resultados da experimentación, etc.
5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas curtas, que poden ser de cuestións prácticas de laboratorio ou de conteptos de teoría. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua considerase ata Xullo, polo que as calificacións acadadas en todas as actividades realizadas previamente manteranse ata a convocatoria de Xullo.

As porcentaxes exactas poden desviarse lixeiramente dos indicados debido á xestión, ou factibilidade de realización das diferentes probas prácticas, e ao atribuírlle á actividade complementaria, traballo, proxectos, ou actividade de ApS (Aprendizaxe-Servizo)c unha valoración superior, podendo mesmo superarse o 10 como cualificación máxima alcadable.

En todo caso o peso dun 80% da proba de resposta longa manterase invariable.
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou as competencias necesarias.

Non se permitirá a utilización
de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non
autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso
(0.0).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000