Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proba escrita que poderá constar de: cuestións teóricas cuestións prácticas resolución de exercicios/problemas tema a desenvolver |
80 |
|
|
|
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Probas escritas curtas, que poden ser de cuestións prácticas de laboratorio ou de conteptos de teoría. |
15 |
|
|
|
|
A avaliación continua considerase ata Xullo, polo que as calificacións acadadas en todas as actividades realizadas previamente manteranse ata a convocatoria de Xullo. As porcentaxes exactas poden desviarse lixeiramente dos indicados debido á xestión, ou factibilidade de realización das diferentes probas prácticas, e ao atribuírlle á actividade complementaria, traballo, proxectos, ou actividade de ApS (Aprendizaxe-Servizo)c unha valoración superior, podendo mesmo superarse o 10 como cualificación máxima alcadable. En todo caso o peso dun 80% da proba de resposta longa manterase invariable. Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou as competencias necesarias.
Non se permitirá a utilización
de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non
autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso
(0.0). |