Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Biomédica/Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Biomateriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo a asistencia e o grao de participación no desenvolvemento dos ensaios e actividades prácticas 6
Exame de preguntas obxectivas No exame final avaliarase a aprendizaxe dos alumnos mediante unha proba escrita de preguntas curtas e preguntas tipo test. 70
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumno deberá entregar un informe das sesións prácticas, onde se inclúa os resultados dos ensaios realizados así como a resposta ás preguntas expostas. 9
Presentación Presentación oral na que cada grupo de alumnos presenta ao profesor e compañeiros o traballo desenvolvido. O alumno deberá demostrar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade comunicativa, polo que será especialmente importante a procura de información, a estructuración do traballo e unha presentación clara.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: Ten un peso do 30% e realizarase durante o período de impartición da materia 

Exame Final (proba escrita): Ten un peso do 70% da nota e realizarase na data previamente fixada polo centro.  Para superar a materia será necesario alcanzar unha puntuación mínima do 40% no exame final, é dicir, 2,8/7 puntos. Si non se alcanza este mínimo, considerarase a materia como non superada  e, aínda que a suma da nota do exame e a de avaliación continua sexa superior a 5, a nota máxima que aparecerá na acta será 4.5 puntos. 

 Renuncia e avaliación continua: Aqueles/as alumnos/as que non se acollan á avaliación continua (previa autorización da dirección da EEI) serán avaliados no exame final sobre a totalidade dos contidos teóricos e prácticos que suporá o 100% da nota e deberán alcanzar un mínimo do 50% para superar a materia. 

Exame de Xullo (2ª Edición). Terase en conta a avaliación continua (válida soamente para o mesmo curso académico). O exame terá as mesmas características que o da primeira edición e realizarase na data previamente fixada polo centro. Nesta edición os alumnos, previa comunicación ao profesor coa antelación suficiente, poderán optar por avaliarse sobre a totalidade dos contidos teóricos e prácticos que suporá o 100% da nota e deberán alcanzar un mínimo do 50% para superar a materia. 

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

AVISO: No caso de discrepancia ou inconsistencia na información contida nas distintas versións lingüísticas desta guía, entenderase que prevalece a versión editada en castelán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000