Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Redación e execución de proxectos en enxeñaría biomédica
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución e presentación da materia. 1.1. Presentación.
1.2. Guía Docente.
1.3. Metodoloxía de traballo.
1.4. Grupos de traballo.
1.5. Fontes de información e comunicación: MooVi e outros.
1.6. Coñecementos e aplicacións informáticas para a materia.
1.7. Ámbito profesional e legal.
2. A Oficiña de Proxectos. 2.1. Introdución, funcións e realizacións.
2.2. Organización do traballo e infraestrutura.
2.3. Técnicas de traballo en equipo.
2.4. Integración cos sistemas da empresa. Estratexia Kanban.
2.6. Toma de decisión mediante ponderación de criterios.
2.7. Comunicación.
3. Informes técnicos e traballos similares. 3.1. Informes técnicos.
3.2. Valoracións, tasacións e orzamentos.
3.3. Outros traballos técnicos similares.
3.4. Criterios e normas para a redacción e presentación de traballos técnicos.
4. Metodoloxía de proxectos. 4.1. Proxecto: concepto, clasificación e estrutura.
4.2. Tipoloxía de proxectos: proxectos industriais, de I+D+i, de investimento, etc.
4.3. Metodoloxía do proceso proxectual.
4.4. Ciclo de vida do proxecto: detalles e fases.
4.5. Normalización de proxectos: UNE 157002, etc.
5. O marco normativo e legal do proxecto en enxeñaría biomédica. 5.1. O ordenamento legal e o proxecto en enxeñaría biomédica.
5.2. Lexislación técnica específica: ordenamento lexislativo e interpretación da lexislación técnica.
5.3. Normalización, certificación, homologación e calidade.
5.4. Propiedade industrial e transferencia de tecnoloxía: Patentes e modelos de utilidade.
6. A documentación do proxecto. 6.1. Configuración formal do proxecto.
6.2. Memoria.
6.3. Planos.
6.4. Prego de Condicións.
6.5. Medicións e Orzamento.
6.6. Estudos con entidade propia.
7. Métodos e técnicas para a organización e xestión de proxectos. 7.1. Organización, dirección e coordinación de proxectos.
7.2. Métodos e técnicas para a xestión de proxectos: preditivas e áxiles.
7.3. Técnicas para a optimización de proxectos.
7.4. Ferramentas informáticas para a xestión de proxectos.
7.5. Xestión multiproxecto integrada.
7.6. Xestión de riscos no proxecto.
8. Xestión administrativa de traballos de enxeñaría. 8.1. Criterios e normas xerais relativas á tramitación de traballos técnicos.
8.2. Tramitación: visado colexial, trámites notariais, organismos públicos competentes, etc.
8.3. Xestión de licenzas, autorizacións e permisos ante institucións públicas e privadas.
8.4. Licitación e contratación de proxectos.
9. Dirección facultativa de proxectos industriais. 9.1. Axentes intervintes na execución material de proxectos.
9.2. Funcións e actividades da dirección facultativa ou técnica: Lei de Ordenación da Edificación.
9.3. Marco legal que regula as funcións e responsabilidades da dirección facultativa.
9.4. Obrigacións da dirección facultativa en materia de seguridade e saúde.
10. O espírito emprendedor, o autoemprego e o desenvolvemento rexional. 10.1. Innovación tecnolóxica e emprendedurismo.
10.2. Modalidades de emprego por conta allea e por conta propia.
10.3. Posta en marcha de empresas de base tecnolóxica: tipoloxía, tramitación, procura de financiamento, xestión de recursos humanos, etc.
10.4. Desenvolvemento industrial e económico aplicado ao ámbito rexional: recursos e políticas de apoio público e privado.
10.5. Técnicas de presentación pública de traballos: orais e escritas.
PRÁCTICA 1: Realización dun informe técnico ou traballo similar. Realización dun informe técnico ou traballo similar, ben de forma individual ou en grupo pequeno, sobre unha temática pertencente ao ámbito da enxeñaría biomédica.
PRÁCTICA 2: Elaboración dos documentos dun proxecto sinxelo. Elaboración dos documentos dun proxecto, nun grupo pequeno de alumnos, sobre unha temática pertencente ao ámbito da enxeñaría biomédica.
PRÁCTICA 3: Elaboración dunha planificación básica para a execución do proxecto. Elaboración dunha planificación básica, de forma individual ou en grupo pequeno de alumnos, empregando as metodoloxías preditivas ou áxiles expostas na parte de teoría da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000