Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sistema para o deseño e desenvolvemento do produto
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Presentación do tema por parte do profesor. Intervención e participación activa dos estudantes. 0 B1
Prácticas con apoio das TIC Aspectos concretos do traballo. Creación e manipulación de modelos. Análise, síntese, avaliación e simulación 0 D2
D8
D9
D10
D14
D17
Traballo tutelado Traballo a realizar durante o curso, individual ou en grupo, sobre o deseño e desenvolvemento dun produto 0 D2
D5
D8
D9
D10
D14
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento (T) Exame sobre o temario impartido ao longo do curso que pode conter preguntas de resposta curta, de resposta longa e resolución de problemas (40%).

(TrT) Traballo teórico sobre dalgún tema curto ou aspecto concreto, a redactar e presentar (10%).
50 B1
D2
D9
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas (P) Informes de prácticas e partes do traballo que se entregarán, revisarán e avaliarán periódicamente 15 D10
D17
Proxecto (TrP) Traballo final sobre o desenvolvemento dun produto, a realizar durante as sesión prácticas con apoio das titorías.
Valoraranse 3 aspectos;
-Nivel de innovación
-Contido e calidade da memoria
-Outros aspectos a desenvolver
35 D5
D8
D9
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada parte cualificarase sobre 10. O aprobado por curso, pola vía de avaliación continua, lógrase ao superar todas as partes. En caso de non superar algunha, pódense gardar as partes aprobadas para a segunda convocatoria. 

Para os que opten exclusivamente pola vía do exame final, este constará de teoría e práctica sobre a totalidade da materia. De ser necesario, neste caso, poderase habilitar una data complementaria a oficial para realizar a parte da práctica.

A cualificación final por curso (CF) para os que opten pola vía de avaliación continua obtense do modo seguinte:

CF = T*0,4+TrT*0,10+P*0,15+TrP*0,35

T=Exame sobre o temario impartido; TrT=Informes/memorias/exposicións ou traballos curtos presentados na clase; P=Entregas prácticas periódicas; TrP=Traballo final/proxecto de desenvolvemento dun produto a entregar ao final do curso.

O aprobado por curso, pola vía de avaliación continua, acádase obtendo unha cualificación final (CT) igual ou superior a 5 puntos, de acordo coa fórmula anterior, sempre que en cada parte se supere o 40% da súa respectiva valoración máxima.

As partes superadas (nota>=5) conservaranse ata a convocatoria do mes de xullo.

O exame final realizarase na data sinalada polo centro e comprenderá tanto a parte teórica (50%) como a práctica (50%). A cualificación obtida será a nota do curso para os que opten só pola vía do exame final. Nesa mesma data efectuarán o exame de teoría (T) aos que opten pola vía ordinaria de avaliación coninua. 

Espérase
que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos
non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000