Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Deseño e comunicación de produto e automatización de elementos en planta
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral 1ª PARTE
Sesión maxistral con participación activa dos estudantes. Cada unidade temática será presentada polo profesor empleando os recursos audiovisuales axeitados e complementada cos comentarios que os estudantes realicen en base á bibliografía recomendada ou ás ideas novedosas que poidan xurdir.
Durante as clases maxistrales plantexaranse exercicios para resolver parcial ou totalmente, de maneira individual ou grupal, orientados a facilitar a mellor comprensión dos contidos e métodos que capaciten para o seu aproveitamento na práctica do deseño.
2ª PARTE
Exposición por parte do profesor dos contidos da materia.
Prácticas de laboratorio 1ª PARTE
Proponse a realización dun traballo de deseño (trD), a realizar ao longo do cuadrimestre, que require de horas na casa ademais do apoio das sesións criativas en grupo e das titorías (nivel de dificultade en función da propia ambición de cada alumno), consistente nun deseño de produto e a correspondente proposta de comunicación do mesmo, ben partindo dun conxunto existente e dotándoo dalgunha innovación significativa, ben criando un novo produto (preferible). Para isto os alumnos deben realizar un traballo de investigación e innovación relativo ao deseño industrial partindo do coñecemento específico da súa historia e metodoloxías. Deberán realizar percuras bibliográficas, consultar diferentes e diversas fontes de información e bases de datos para, finalmente, tralo proceso de indagación e análise, propoñer un produto innovador dentro dos aspectos técnicos e estéticos do deseño industrial.
O proceso estará coordinado polo profesor desde a elección inicial do traballo a realizar, pasando polas sucesivas fases nas que o alumno terá que efectuar entregas parciais. Finalmente efectuará a presentación do produto deseñado e entregará a documentación pertinente.
2ª PARTE
Actividades de aplicación dos coñecementos adquiridos nas clases de teoría a situacións concretas que poidan ser desenvoltas no laboratorio da materia.
Seminario 1ª PARTE
Actividades de reforzo ó aprendizaxe mediante o desenvolvemento de sesións destinadas á percura de ideas novedosas de interese para os respectivos traballos ou ben a clarexar contidos teóricos, efectuar análises ou avaliacións de propostas, orientar, etc.
Aprendizaxe baseado en proxectos 1ª PARTE
Realización de actividades que necesariamente requiren do esforzo creativo, da atención, a participación activa e a colaboración dos estudiantes entre sí e co profesor, tal como sucede nas etapas criativas do proceso de deseño.
Presentación 1ª PARTE
Os estudantes, de acordo co profesor e baixo a supervisión deste, poderán encargarse desde o primeiro momento de elaborar e presentar algunhas partes dos temas de teoría, no horario a convir.
De cada un dos deseños elaborados na práctica, ademais da súa documentación en formato apropiado, o creador poderá efectuar unha breve presentación ao grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000