PRIMEIRA EDICIÓN:
A avaliación continua
realizarase durante o período de impartición da materia segundo os
criterios establecidos no apartado anterior.
Para superar a materia na primeira edición
da acta deberase alcanzar un 40% como mínimo da nota asignada ao exame
final (2puntos/5puntos). A nota correspondente á materia será a suma da nota
alcanzada no exame realizado na data marcada polo centro e a nota da
avaliación continua.
No caso de que non se alcance o 40% da
nota asignada ao exame, a materia non se considerará superada. A nota que
figurará na acta será a correspondente á máxima cualificación obtida,
ben na avaliación continua ben no exame.
Aqueles alumnos que oficialmente renuncien
á avaliación continua, realizarán un exame sobre a totalidade dos
contidos (impartidos tanto nas clases teóricas como prácticas) na
data marcada polo centro, sobre unha puntuación de 10 puntos.
SEGUNDA EDICIÓN (exame de Xullo): Na segunda edición da acta, manterase
a nota de avaliación continua, agás que o alumno, no prazo establecido
polo profesor/a, comunique a súa renuncia. Neste caso, para superar a materia
manteranse as mesmos requisitos que na primeira edición da acta.
No caso de renuncia á nota da
Avaliación continua , ben de forma voluntaria ben de forma oficial, para
aprobar a materia, o alumno deberá obter 5 puntos sobre 10 no exame final.
Os contidos obxecto de avaliación neste exame, corresponderán á totalidade da materia
impartida ( teoría + prácticas).
Compromiso
ético:
Espérase que o alumno/a presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase
que ou alumno non reúne vos requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |