Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo os criterios de asistencia e grao de participación, informes de desenvolvemento de prácticas e unha proba de avaliación ao final do período de impartición das clases prácticas. 15 D5
D9
D10
D15
D17
Traballo tutelado Dado que cada estudante participará na exposición do traballo do seu grupo e responderá a preguntas expostas tanto polo docente como polo resto dos alumnos doutros grupos, avaliarase tanto a calidade da memoria presentada como as competencias relativas ao traballo en grupo e á exposición/comunicación de ideas no ámbito da enxeñaría. 15 B3
B4
B11
D9
D10
D15
D17
Lección maxistral Realizarase mediante dúas probas escritas (preguntas curtas, problemas e tipo test) que recolla os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso. Unha proba realizarase durante o período de impartición da materia (20%) e a outra na data fixada polo centro (50%). 70 B3
B4
B5
B6
B11
D5
D7
D9
D10
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN:
A avaliación continua
realizarase durante o período de impartición da materia segundo os
criterios establecidos no apartado anterior.
Para superar a materia na primeira edición
da acta deberase alcanzar un 40% como mínimo da nota asignada ao exame
final (2puntos/5puntos). A nota correspondente á materia será a suma da nota
alcanzada no exame realizado na data marcada polo centro e a nota da
avaliación continua.
No caso de que non se alcance o 40% da
nota asignada ao exame, a materia non se considerará superada. A nota que
figurará na acta será a correspondente á máxima cualificación obtida,
ben na avaliación continua ben no exame.
Aqueles alumnos que oficialmente renuncien
á avaliación continua, realizarán un exame sobre a totalidade dos
contidos (impartidos tanto nas clases teóricas como prácticas) na
data marcada polo centro, sobre unha puntuación de 10 puntos.

SEGUNDA EDICIÓN (exame de Xullo):
Na segunda edición da acta, manterase
a nota de avaliación continua, agás que o alumno, no prazo establecido
polo profesor/a, comunique a súa renuncia. Neste caso, para superar a materia
manteranse as mesmos requisitos que na primeira edición da acta.
No caso de renuncia á nota da
Avaliación continua , ben de forma voluntaria ben de forma oficial, para
aprobar a materia, o alumno deberá obter 5 puntos sobre 10 no exame final.
Os contidos obxecto de avaliación neste exame, corresponderán á totalidade da materia
impartida ( teoría + prácticas).

Compromiso
ético:

Espérase que o alumno/a presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase 
que ou alumno non reúne vos requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000