Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría térmica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame (escrito, oral,...) consistente na resolución de problemas e/ou exercicios. 60 B1
C21
D1
D2
D8
D10
D14
D16
Exame de preguntas obxectivas Durante o desenvolvemento do curso, os estudantes terán que realizar varios cuestionarios compostos por preguntas obxectivas teóricas e/ou resolución de exercicios relacionados cos contidos desenvolvidos. 40 C21
D1
D2
D6
D8
D10
D14
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaluación continua (AC, 40%) será avaliada mediante cuestionarios de cuestións obxectivas, teóricas e/ou prácticas, por aqueles estudantes que realizaran as tarefas propostas (prácticas, ...) polo profesorado durante o curso académico; os que renunciasen oficialmente á EC terán que realizar un cuestionario específico (CE) na primeira oportunidade da convocatoria do curso.

Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado que cursase a AC poderá escoller entre conservar a nota de AC ou realizar o CE da segunda oportunidade.

A convocatoria de Fin de Grao avaliarase integramente mediante un exame (100%), é dicir, non se terá en conta a AC do curso anterior

Utilizarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003, do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro).

Compromiso ético: Espérase que o estudante presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considérase que o estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0,0).

Non se permitirá a uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000