Exame de preguntas obxectivas |
Proba tipo test de escolla múltiple sobre contidos teóricos e prácticos. |
20 |
|
B9
|
|
D5 D8 D9
|
1. AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua é o sistema de avaliación principal na materia. Ésta consta dos seguintes elementos: - Proba de avaliación intermedia. Esta proba será tipo test, desenvolverase no horario do bloque de
teoría, nunha data establecida ao comezo da docencia, e o seu contido será
teórico e práctico. Ésta suporá o 20%
da cualificación final da materia. Esta proba non é recuperable, e dicir, se un/unha alumno/a non pode realizala na data estipulada, a profesora
non ten a obriga de repetila. - Prácticas. O cumprimento
das tarefas desenvolvidas durante as prácticas suporá o 20% da cualificación final da materia. Cada práctica realizada por o/a alumno/a será avaliada, sendo a cualificación total de prácticas, a media aritmética das notas obtidas nestas. As prácticas non son recuperables, polo tanto, se non se asiste a unha
práctica, a nota nesa práctica será cero. - Exame final. O exame que
se desenvolverá na data oficial marcada na planificación docente do curso completará o 60% restante da cualificación
final. IMPORTANTE: É imprescindible neste exame obter unha puntuación
mínima de 4, nunha escala de 0 a 10, para superar a materia. Este exame consta de dúas partes, unha parte de teoría que será tipo test e unha parte
práctica que incluirá unha serie de exercicios para desenvolver.
2. AVALIACIÓN NON CONTINUA No caso dos/das alumnos/as que renuncien
expresamente á avaliación continua, realizarase un único exame na data oficial marcada na planificación docente do curso. Este exame dará a
posibilidade de obter o 100% da cualificación. Este exame constará de dúas
partes, unha parte de teoría que será tipo test e unha parte práctica que incluirá
unha serie de exercicios para desenvolver. IMPORTANTE: É condición necesaria,
aínda que non suficiente, para superar a materia, obter na parte de teoría unha puntuación mínima
de 5, nunha escala do 0 a 10. 3. RECUPERACIÓN DE XULLO O exame de recuperación de xullo será similar ao exame final. Os/as alumnos/as que optaran pola avaliación continua poderán
elexir que a cualificación na materia sexa o 100% da puntuación
obtida neste exame. Para iso, o/a alumno/a deberá comunicarllo á profesora polo menos cunha semana de antelación ao exame. 4. COMPROMISO ÉTICO Esperase que o/a alumno/a presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |