Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Fundamentos de administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas e/ou exercicios mediante a aplicación de rutinas, procedementos e fórmulas a partir da información dispoñible. 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test de escolla múltiple sobre contidos teóricos e prácticos. 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba con cuestións teóricas e prácticas. 60 B9
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua é o sistema de avaliación principal na materia. Ésta consta dos seguintes elementos:

  • Proba de avaliación intermedia. Esta proba será tipo test, desenvolverase no horario do bloque de
    teoría, nunha data establecida ao comezo da docencia, e o seu contido será
    teórico e práctico. Ésta suporá o 20%
    da cualificación final
    da materia. Esta proba non é recuperable, e dicir, se un/unha alumno/a non pode realizala na data estipulada, a profesora
    non ten a obriga de repetila.
  • Prácticas. O cumprimento
    das tarefas desenvolvidas durante as prácticas suporá o 20% da cualificación final da materia. Cada práctica realizada por o/a alumno/a será avaliada, sendo a cualificación total de prácticas, a media aritmética das notas obtidas nestas. As prácticas non son recuperables, polo tanto, se non se asiste a unha
    práctica, a nota nesa práctica será cero.
  • Exame final. O exame que
    se desenvolverá na data oficial marcada na planificación docente do curso completará o 60% restante da cualificación
    final
    . IMPORTANTE: É imprescindible neste exame obter unha puntuación
    mínima de 4, nunha escala de 0 a 10, para superar a materia. Este exame consta de dúas partes, unha parte de teoría que será tipo test e unha parte
    práctica que incluirá unha serie de exercicios para desenvolver.

2. AVALIACIÓN NON CONTINUA

No caso dos/das alumnos/as que renuncien
expresamente á avaliación continua, realizarase un único exame na data oficial marcada na planificación docente do curso. Este exame dará a
posibilidade de obter o 100% da cualificación. Este exame constará de dúas
partes, unha parte de teoría que será tipo test e unha parte práctica que incluirá
unha serie de exercicios para desenvolver. IMPORTANTE: É condición necesaria,
aínda que non suficiente, para superar a materia, obter na parte de teoría unha puntuación mínima
de 5, nunha escala do 0 a 10.

3. RECUPERACIÓN DE XULLO

O exame de recuperación de xullo será similar ao exame final. Os/as alumnos/as que optaran pola avaliación continua poderán
elexir que a cualificación na materia sexa o 100% da puntuación
obtida neste exame. Para iso, o/a alumno/a deberá comunicarllo á profesora polo menos cunha semana de antelación ao exame.

4. COMPROMISO ÉTICO

Esperase que o/a alumno/a presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000