Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Tecnoloxía química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse diversos controis, constando cada un deles de preguntas de resposta curta e problemas.
A media dos controis representará o 30% da nota final.
30 B3
B4
C4
D2
D9
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Ademais da valoración da memoria de prácticas, terase en conta a asistencia a todas as actividades propostas en practícala de laboratorio (experimental, seminarios, prácticas de campo,...), así como a actitude durante o desenvolvemento das mesmas. 10 C4
D9
D10
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame teórico-práctico, a realizar nas datas fixadas polo Centro, que comprenda conceptos e procedementos fundamentais relacionados co contido do temario. 60 B3
B4
C4
D2
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACION:

A participación do estudante nalgún dos sistemas de avaliación da materia (prácticas de laboratorio, resolución de problemas e exercicios) implicará a condición de presentado e a súa cualificación nas actas. Requírese unha asistencia mínima o 75% das prácticas da materia para ter dereito á avaliación das mesmas. En caso contrario a nota deste apartado será 0,0 e terán que realizar un exame das mesmas no exame final.

Un/a alumno/a que "non renuncie oficialmente á avaliación contínua", estará suspenso/a se non alcanza unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das partes do "EXAME FINAL". De superar a nota mínima do "EXAME FINAL", dito/a alumno/a aprobará a materia se a CUALIFICACIÓN FINAL é ≥ 5,0, é dicir, se a suma das cualificacións obtidas nos distintos sistemas de avaliación da materia é ≥ 5,0.

Segunda convocatoria: Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios. Con respecto ao exame de Xullo manterase a cualificación dos diferentes sistemas de avaliación (prácticas de laboratorio, resolución de problemas e exercicios), polo que os alumnos só realizarán o "EXAME FINAL".

ALUMNOS LIBERADOS DA AVALIACIÓN CONTINUA:
Cando a Escola libere a un alumno do proceso de avaliación continua, a súa cualificación será a suma do 90% da nota obtida no "EXAME FINAL" e do 10% da nota de prácticas de laboratorio.

COMPROMISO ÉTICO:
Espérase que o alumno mostre un comportamento ético adecuado. En caso de detectarse un comportamento eticamente reprobable (por exemplo: copia, plaxio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados, etc) considerarase que o alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000