Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Instrumentación electrónica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliación que ten en conta o traballo de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido durante as sesións de prácticas de laboratorio da materia. 14 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D9
D10
D14
D17
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con preguntas obxectivas diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.) Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 48 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D9
D10
D14
D17
Traballo É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. 12 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D9
D10
D14
D17
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun informe por parte do estudante no que se reflicten as características do traballo levado a cabo nas prácticas de laboratorio. Os estudantes deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 21 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D9
D10
D14
D17
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. É posible valorar aprendizaxes e accións, e como levan a cabo valorando a orde, precisión, a destreza, eficacia, a participación activa, etc. 5 B4
D2
D9
D10
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia
un sistema de avaliación continua.

As cualificacións das tarefas avaliables non son recuperables e
serán válidas só para o curso académico no que se realizan.


A
avaliación continua está formada polas tres
partes seguintes:

1.a Teoría (60%)


Realizaranse 2 probas parciais
de teoría (PT) debidamente programadas ao longo do curso. A primeira
proba realizarase a metade de curso en horario de teoría. A segunda
proba realizarase o mesmo día que o exame final que se celebrará na
data que estableza a dirección da Escola. As probas non son
recuperables, é dicir, que se un estudante non pode participar o día
en que estean programadas o profesor non ten obrigación de
repetilas.

Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada
proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das
probas ás que falte será de 0 puntos.

Ademais,
o
estudante realizará un traballo
tutelado sobre un tema concreto proposto polo profesorado a principio
de curso. Entregarase
unha
memoria final
que debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. O
prazo
de entrega de dito
documento
será debidamente programado e informado polo profesorado da materia.
Para superar esta parte, a nota do
traballo
(NT) terá que ser polo
menos 5 puntos de 10.

Para
superar a parte de teoría será necesario obter polo
menos 5 puntos de 10 en cada proba parcial e
tamén
no
traballo
tutelado. Se
se obtivo
menos de 5 puntos de 10 na primeira proba parcial, o
estudante poderá recuperar dita
parte o
mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

A
nota final de teoría (NFT) será a obtida coa seguinte expresión:

NFT
= 0,4·PT1 + 0,4·PT2 + 0,2·NT

1.b
Práctica (35%)

Realizaranse
9 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2
alumnos (sempre que sexa posible formalos).

A
valoración da parte práctica farase
de forma individual para cada membro do
grupo. Terase
en conta o
traballo
individual de preparación previa, a participación e
o
trabalo
desenvolvido por cada estudante durante as sesións de prácticas.
Esta
parte
valorarase
cunha nota (NPL) entre 0 y 10 puntos. O
estudante tamén terá que elaborar
un informe no
que
se reflictan
as características do
traballo
levado a cabo nas
prácticas de laboratorio. Esta
parte
valorarase
cunha nota (NIP) entre 0 y 10 puntos.

A
nota final das prácticas (NFP) será a obtida coa seguinte suma
ponderada:

NFP
= 0,4·NPL
+ 0,6·NIP

1.c Observación sistemática (5%)


Terase
en conta, ademais dos aspectos mencionados na descrición, a
participación do
estudante
na
realización das actividades propostas para o seu traballo
autónomo e
a
participación nas
titorías. A
nota desta
parte
(NOS)
valorase
de 0 a 10 puntos.

1.d
Nota final da materia


Na nota
final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60 %, a nota de
prácticas (NFP) do 35%
e
a nota obtida en base á
observación sistemática (NOS) do
5%. Para aprobar a materia será imprescindible superar
a parte de teoría (obter
polo
menos 5 puntos de 10 en cada proba parcial e
no
traballo
tutelado).
Neste
caso a cualificación final será:

NF
= 0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS.

No
caso de non ter superado a parte de teoría, a nota final será a
obtida coa seguinte expresión:

NF
= min{4 ; (0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS)}.

Para
aprobar a materia será imprescindible obter unha nota final NF>=5.

2.
Exame final

Os
estudantes que non opten pola avaliación continua poderán
presentarse a un exame final que constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua.
Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a
realización do exame final, os estudantes que non optasen pola
avaliación continua deberán realizar unha proba teórica que que
poderá conter preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos nas
prácticas de laboratorio. Para poder presentarse ao exame final por
avaliación única, o estudante deberá poñerse en contacto co
profesorado polo menos dúas semanas antes. O
exame teórico consistirá en dúas
probas que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios.
Cada proba (PT) valorarase
de 0 a 10 puntos e
a nota das probas ás
que falte será de 0 puntos.

Ademais
deberá realizar previamente un traballo
tutelado
individual e
entregar a memoria correspondente o
mesmo día do
exame final de teoría. Para a asignación do
traballo
o
estudante
deberá poñerse en contacto co profesorado con suficiente
antelación. A
nota deste traballo
(NT) valorarase
de 0 a 10 puntos.
Os
estudantes que realizasen o
traballo
terán unha nota NT de 0 puntos.

A
nota final de teoría (NFT) será a obtida coa seguinte expresión:

NFT
= 0,4·PT1 + 0,4·PT2 + 0,2·NT

Os
estudantes que non realizasen as prácticas da materia terán unha
nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos, e
aqueles
que no opten
pola avaliación continua
da materia terán unha nota de observación sistemática
(NOS)
de 0 puntos.

Para
aprobar a materia será imprescindible superar a parte de teoría
(obter
un mínimo de 5 puntos de 10 en cada proba parcial e
tamén
no
traballo
tutelado).
Neste
caso a cualificación final será:

NF
= 0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS.

No
caso de non superar a parte de teoría, a nota final será a obtida
coa seguinte expresión:

NF
= min{4 ; (0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS)}.

Para
aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3.
Sobre a convocatoria de recuperación (xullo)

A
convocatoria extraordinaria de Xullo constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na
avaliación continua e que terá o mesmo formato que o exame
final. A segunda convocatoria celebrarase na data que
estableza a dirección da Escola.

Aos
estudantes que se presenten a esta convocatoria conservaráselles
a nota que obtivesen na convocatoria ordinaria
(avaliación continua ou exame final) nas partes ás que non se presenten.
Ademais, nesta convocatoria os estudantes só poderán
presentarse a aquelas probas que non superasen na
convocatoria ordinaria.

O
cálculo da nota final da materia realizarase tal e como
se explica no apartado 2.

4. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado.
No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente
curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000