Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Laboratorio de sistemas dixitais programables
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1: Unidade de captura e comparación en microcontroladores Variables temporais. Xeración e medida. Estrutura básica dun periférico de captura e comparación. Entrada saída de alta velocidade. Modulación de anchura de impulso (PWM). Estudo de Periféricos CCP de un microcontrolador de la familia de Microchip PIC18. Exemplos de aplicación e programación.
TEMA 2: Entrada/Saída serie en microcontroladores Introdución á conexión serie entre procesadores. Comunicación síncrona. Comunicación asíncrona. Conexión punto a punto (RS232). Bus Serie (I2C). Estrutura básica dun periférico para a entrada/saída serie. Estudo de Periféricos dun microcontrolador da familia de Microchip PIC18 para a E/S serie (USART e SSP). Exemplos de aplicación asíncrona e síncrona.
TEMA 3: Organización de memoria Xerarquía de memoria en procesadores dixitais. Memoria cache:
organizacións, estrutura básica, exemplos de funcionamento.
Ampliación de memoria dun microcontrolador. Acceso directo a memoria
(DMA)
TEMA 4: Modos de funcionamento especiais Consumo en procesadores dixitais. Modos de baixo consumo. nun microcontrolador da familia de Microchip PIC18. Exemplos de aplicación y programación. Estratexias de vixilancia por tempo (watch-dog). Estudo de solución en un microcontrolador de la familia de Microchip PIC18. Exemplos de aplicación y programación.
TEMA 5: Circuítos aritméticos Formatos numéricos: enteiros con e sen signo, coma fixa, coma flotante. Precisión. Multiplicación e división enteiras: algoritmos e bloques funcionais. Optimización das prestacións. Operacións en coma flotante.
TEMA 6: Deseño de periféricos específicos Axuste de periféricos a microcontroladores. Temporizador /
contador: estrutura e aplicacións. Serializador.
TEMA 7: Exemplos de deseño de sistemas electrónicos dixitais de instrumentación e control industrial Casos prácticos
Práctica 1. Regulación de velocidade en Bucle Aberto (BA) dun motor de cc cun control PWM Estúdase o funcionamento do periférico CCP en modo PWM do microcontrolador de Microchip ubicado no entorno de proba e a súa aplicación práctica para a xeración dunha regulación en BA dun motor de cc
Práctica 2: Medida de velocidade dun motor de cc mediante un sensor que xera pulsos de frecuencia variable A partir do sinal de impulsos que xera un sensor optoelectrónico de barreira realizar un circuíto de medida da velocidade de xiro dun eixo.
Práctica 3: Regulación de velocidade en Bucle Pechado (BC) dun motor de cc cun control PI Usando os elementos e programas das prácticas anteriores deseñar e realizar un sistema de control de velocidade de xiro dun motor de corrente continua cun regulador en bucle pechado do tipo PI.
Práctica 4. Deseño e realización dunha unidade de acoplamento serie SPI para un convertedor A/D. Deseño e realización dun módulo de control SPI para conexión a un convertedor A/D
Práctica 5. Deseño e realización dunha unidade de acoplamento serie para un convertedor D/A. Deseñar e realizar un módulo de control SPI para conexión a un convertedor D/A que permita xerar un valor de tensión a partir da combinacion dixital establecida con interruptores.
Práctica 6. Deseño e realización dun sistema de procesado en tempo real. Deseño e realización dun filtro dixital para un sinal analóxico. Tomarase un sinal do convertedor A/D a través da canle SPI e o resultado sacarase polo convertedor D/A
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000