Para superar a asignatura, o alumno debe obter ó menos 5
puntos sobre 10 na nota TOTAL en cualquera convocatoria.
En cualquier caso é necesario obter unha nota
mínima de 4 puntos sobre 10 na nota LAB de laboratorio e tamén é necesario
obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na nota PRU da evaluación con
probas escritas. Se non es así, a nota TOTAL se reducirá a 4.5 no caso de que
resulte superior.
É imprescindible suministrar en formato dixital
unha fotografía actualizada ao coordinador da asignatura antes da primeira
sesión de prácticas.
ALUMNOS CON EVALUACIÓN CONTINUA
Convocatoria de xaneiro
TOTAL = 0.7 * PRU + 0.3 * LAB
O 70% da nota TOTAL corresponde á nota PRU obtida
a partir da evaluación con proba escrita individual con preguntas de
desenvolvemento.
O 30% da nota TOTAL corresponde á nota LAB obtida
nas sesións de prácticas de laboratorio. No caso de que non participen polo
menos 7 sesións de laboratorio das 9 sesións programadas de 2 horas, a nota LAB
será de 0 puntos.
Convocatoria de xullo
TOTAL = 0.7 * PRU + 0.3 * LAB
O 70% da nota TOTAL corresponderá á nota PRU
obtida na proba individual con preguntas de desenvolvemento programada no
calendario de exames da escola. No caso de ter obtido unha nota PRU superior ou
igual a 4 puntos no exame de xaneiro, o alumno pode optar por mantelo para o
exame de xullo e non realizar a proba prevista no calendario.
O 30% corresponderá á parte de laboratorio LAB.
Manterase a nota de laboratorio obtida no exame de xaneiro, sempre que sexa
maior ou igual a 4. Se non, o alumno deberá realizar un exame de laboratorio.
Para planificar este exame de laboratorio, o alumno deberá solicitalo ao
coordinador da materia 10 días antes da data fixada para o exame no calendario
escolar, para planificar a reserva de recursos para a súa realización. A
solicitude farase co procedemento publicado na plataforma de ensino empregada
no curso.
ALUMNOS SIN EVALUACIÓN CONTINUA
Os estudantes que fosen renunciados oficialmente á
avaliación continua no centro terán que realizar un exame de prácticas de
laboratorio. Para planificar este exame o alumno deberá solicitalo ao
coordinador da materia 10 días antes da data fixada para o exame no calendario
escolar, co fin de planificar a reserva de recursos para a súa realización. A
solicitude farase co procedemento publicado na plataforma de ensino empregada
no curso. A nota TOTAL na convocatoria será unha ponderación entre a nota LAB
obtida no exame de prácticas de laboratorio e a nota PRU da proba escrita
presencial individual fixada no calendario de exames do centro mediante TOTAL =
0.7 * PRU + 0.3 * LAB.
COMPROMISO ÉTICO
Se espera que o alumno presente un comportamento
ético adecuado. No caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio,
uso de dispositivos electrónicos non autorizados e outros) considérase que o
alumno non cumpre os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso,
a nota global deste curso será suspenso (0,0). |