Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Electrónica de potencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realizaranse en grupos. Os guións de prácticas estarán dispoñibles con antelación. Os criterios de avaliación son:
- Preparación previa dos exercicios.
- Puntualidade e aproveitamento da sesión.
- Informe de prácticas.
Non asistir á práctica ou non o informe puntuarase cun cero (0).
20 C22
D6
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse dúas probas parciais que poderán incluiros seguintes tipos de exercicios:
- Cuestiones tipo test.
- Cuestións de resposta curta.
- Problemas de análises.
- Resolución de casos prácticos.
80 B4
C22
C24
D2
D6
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua salvo para aqueles estudantes aos que a dirección do centro lles permita a renuncia a avaliación continua. As convocatorias extraordinarias serán por avaliación única.

1. Avaliación continua

Comprenderá a preparación e execución das prácticas de laboratorio, e a realización de dúas probas de avaliación parcial.

1.1 Prácticas de laboratorio

Realizaranse en grupo e serán cualificados individualmente. As prácticas de laboratorio non serán recuperables. Pola correcta preparación previa e execución das prácticas de laboratorio poderase obter ata o 20% da cualificación final da materia.

1.2 Probas de avaliación parcial

Realizaranse dúas probas escritas individuais de avaliación parcial, nas que se poderá obter ata o 40% da cualificación final da materia en cada unha delas. Estas probas poderán recuperarse na segunda oportunidade de avaliación.

Primeira proba parcial: avaliaranse os contidos impartidos ata a data da proba.

Segunda proba parcial:avaliaranse o resto dos contidos que non foron incluídos na primeira proba parcial.

2. Avaliación única

Consistirá nunha proba escrita individual con preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán tódolos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos.

Compromiso ético

Espérase que o estudantado presente un comportamento ético. En caso contrario (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) a cualificación final da materia será de suspenso (0.0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000