Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Mecánica de materiais e tecidos blandos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Elaboración dun documento por parte dos alumnos no que se reflicte o traballo levado a cabo durante a realización das prácticas de laboratorio. Os alumnos deben describir os procedementos desenvoltos, así como os resultados obtidos ou observacións realizadas en relación a cuestións plantexadas durante a práctica de laboratorio. 20 A5
B3
Traballo tutelado Traballo realizado en equipo pero avaliado individualmente (integrando o desenvolvemento de cuestións e a resolución de problemas/exercicios correspondentes). Cada equipo de estudantes desenvolverá un problema proposto polo profesor e que integrará tanto os aspectos teóricos como prácticos relacionados coa asignatura. 80 A5
B3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia considerarase superada cando a cualificación final do alumno supere 5,0.

Primeira Convocatoria ou Edición

  1. Modalidade de Avaliación Continua: A nota final da materia combinará as cualificacións dos boletíns de problemas/cuestións propostas (20%), os traballos propostos nas clases prácticas de laboratorio (20%) e o traballo proposto (60%), tutelado e desenvolvido ao longo do curso. En calquera caso é necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos en cada un dos boletíns de problemas/cuestións, en cada un dos traballos propostos nas clases de laboratorio, así como no traballo tutelado proposto. 
  2. Modalidade de Avaliación non Continua: Establécese un prazo de dúas semanas desde o inicio do curso para que o alumnado xustifique de forma documental a súa imposibilidade para seguir o proceso de avaliación continua.O alumno que renuncie á avaliación continua realizará un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír preguntas tipo test, preguntas de razoamento ou desenrolo, resolución de problemas ou o desenrolo dun caso práctico. A cualificación do exame será o 100% da nota final. Esíxese alcanzar unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10,0 posibles para poder superar a materia. Este exame realizarase nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final.

Segunda Convocatoria ou Edición:

  1. Os alumnos que desexen mellorar a súa cualificación ou que non superasen a materia na Primeira Convocatoria poderanse presentar a Segunda Convocatoria, onde se realizarán un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos. A segunda convocatoria celebrarase na data que estableza a dirección da Escola
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000