Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Enxeñaría de superficies para aplicacións biomédicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizarase mediante unha proba escrita (exercicios, preguntas curtas e tipo test)
que recolla os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso.
65 A1
A3
B4
B6
Prácticas de laboratorio Avaliarase segundo os
criterios de asistencia e grao de participación, informes de desenvolvemento
de prácticas ou de visitas a empresas (individuais ou por grupos).
15 A1
A3
B4
B6
Traballo tutelado Avaliaranse polos informes presentados, e a exposición en clase dos traballos realizados. 20 A1
A3
A4
B4
B6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (por exemplo: copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados,....) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación
da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
No se permitirá la utilización de ningún dispositivo electrónico durante las pruebas de evaluación salvo autorización expresa.
El hecho de introducir un dispositivo electrónico no autorizado en el aula del examen será considerado motivo de no superación
de la materia en el presente curso académico y la cualificación global será de suspenso (0.0).

Primeira edición da Acta; Avaliación continua:
A avaliación continua realizásese durante o período de impartición da materia, segundo os criterios establecidos no apartado
anterior. En todo caso, para superar a materia será necesario alcanzar unha puntuación mínima do 40% na proba escrita realizada na data previamente fixada polo centro.

A nota final da primeira edición será a suma de as dúas notas (Avaliación continua (3/10) e Exame Final Teórico (7/10)), se se alcanza ou supera o mínimo esixido no exame teórico (40%, que significa 2,8/7).  Se o estudante non supera esta condición a nota final da materia será a da avaliación continua.

Aqueles alumnos  que non se acollan á avaliación continua serán avaliados cun exame final sobre os contidos da totalidade da materia, que supoñerá o 100% da nota.

Examen de Julio (2ª Edición)
No exame de xullo non se terá en conta a avaliación continua. Poderase obter o 100% da cualificación no exame que se realizará na data previamente fixada polo centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000