Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Simulación de biofluídos en enxeñaría biomédica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a calidade das solucións achegadas nos informes das actividades propostas. 35 A4
B4
C9
Resolución de problemas Avaliarase a calidade das solucións achegadas nos informes das actividades propostas. 35 A4
B4
C9
Exame de preguntas obxectivas Avaliarase nun examen final/parciais os conceptos impartidos nas sesións de aula e laboratorio 30 B4
B5
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  • Prácticas de laboratorio e resolución de problemas


    • A asistencia con aproveitamento
      ao Laboratorio/Aula de informática, a calificación das
      memorias entregadas en cada práctica e os traballos tutelados terán unha valoración máxima de 7 puntos da nota final.
      Esta calificación conservarase na segunda edición da convocatoria.

    • Para os/as alumnos/as que soliciten
      a renuncia á avaliación continua e a teñan aceptada oficialmente, terán un exame final de laboratorio cunha valoración máxima de 7 puntos. Se o/a alumno/a desexa realizar dita proba, deberá comunicarllo ao profesor polo menos unha semana antes do exame para que
      o docente prepare o material necesario.


  • Exame de preguntas obxectivas. Avaliarase nun exame que terá unha valoración de 3 puntos da nota
    final.

A avaliación nesta materia ten un alto compoñente de avaliación continua durante a realización das diferentes actividades académicas desenvolvidas durante o curso. No caso de convocatorias diferentes da convocatoria de maio e para os/as alumnos/as que renuncien á ávaliación continua, a avaliación realizarase no laboratorio, mediante o desenvolvemento práctico dunha aplicación similar ás realizadas durante o curso.



Compromiso ético:



Espérase que o/a alumno/a presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparellos electrónicos non autorizados e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000