1. Avaliación continua
Seguindo as directrices
propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua. As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A avaliación continua está formada polas catro partes
seguintes: 1.1 Prácticas (30%), que se divide en: - Desenvolvemento das prácticas: realización das prácticas da materia. Só se permite faltar a unha sesión por causas xustificadas e deberase recuperar noutra quenda na medida das posibilidades horarias. A seu cualificación será de aptas ou non aptas.
- Informe das prácticas de laboratorio (30%).
1.2 Exames de aula (50%), que se divide de
forma orientativa en: - Preguntas obxectivas (25%).
- Cuestións e exercicios (25%).
1.3 Presentación (10%): presentaranse de forma oral os
resultados sobre o traballo dun tema concreto da materia. 1.4 Observación sistemática (10%). Terase
en conta, ademais dos aspectos mencionados na descrición, a
participación do
estudante
na
realización das actividades propostas para o seu traballo
autónomo e
a
participación nas
titorías. A nota final, que se puntúa sobre un máximo de 10
puntos, é a suma das notas de cada parte si se cumpren as seguintes
condicións: - Obter unha cualificación de apto nas prácticas de
laboratorio.
- Obter unha puntuación mínima do 40% no informe de prácticas, e nos exames de aula.
- Realizar a presentación do traballo.
Si non se cumpre algún dos requisitos anteriores, a nota
final será a suma das notas de cada parte, pero limitada a un 40% da
nota máxima (4 puntos). Os alumnos que non alcancen unha puntuación mínima do
40% na avaliación do informe das prácticas e nos exames, ou que non realicen a presentación
na avaliación continua poderán recuperalos nas probas da convocatoria de recuperación mantendo as porcentaxes da avaliación continua. Para aprobar, os alumnos deben obter unha puntuación total
igual ou superior ao 50% da nota máxima (5 puntos). As probas de preguntas obxectivas e de exercicios dividiranse en dúas sesións repartidas ao longo do período lectivo. A primeira coincidirá na metade do período de docencia e a segunda no exame final. 2. Exame final Os alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse
a un exame final no que realizaran as dúas partes do exame (preguntas
obxectivas e exercicios) e, ademais, terán que realizar a presentación oral sobre unha das temáticas da materia a elixir entre dúas opcións, se previamente non solicitou a asignación do tema ao profesorado. Para aprobar deberá obter un mínimo do 40% en cada parte
e sumar en total, como mínimo, 5 puntos. Os alumnos de avaliación continua que teñan pendente
superar o mínimo dalgunha parte poderán facelo no exame final. Se non
alcanzaron o mínimo no informe de prácticas, terán de data límite para
presentar as melloras propostas até o exame final. Enténdese que a realización das prácticas é obrigatoria sexa cal for a convocatoria á que se presenten. 3. Sobre a
convocatoria de recuperación (xullo) Nesta convocatoria a avaliación será como no
exame final. Será necesario superar as prácticas durante o curso académico.
4. Compromiso ético
Espérase
que o estudante presente un comportamento ético axeitado. No caso de
detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparellos electrónicos non autorizados, ou outros), considerarase
que o estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será de suspenso (0.0). |