Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Estatística avanzada para a enxeñaría biomédica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Asistencia ás prácticas e resolución de probas ao longo do curso. O alumnado realizará casos prácticos de análise de datos empregando o software R. 50 A2
A4
B1
B2
B5
B8
C1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final sobre os contidos da materia. Se esixirá un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final. 50 A2
A4
B1
B2
B5
B8
C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Valorarase o traballo da/o alumna/o ao longo do curso. Na nota final, a
avaliación continua (prácticas) suporá un 50% e o exame final un 50%.
Será obrigatorio presentarse á proba final, e deberase sacar nela unha
cualificación superior a 4 puntos (sobre 10) para poder superar a
materia.

Na convocatoria extraordinaria aplicarase o mesmo baremo que na
ordinaria, contando a avaliación continua un 50% e o exame final un 50%.
Neste caso manteranse as cualificacións das probas de avaliación
continua e só se repetirá o exame final.

Requírese do alumnado que curse esta materia un comportamento
responsable e honesto. Considérase inadmisible calquera forma de fraude
(copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecemento e
habilidades acadados en todo tipo de proba, informe ou traballo. As
condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso
completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso
de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente
disciplinario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000