Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame final sobre os contidos da materia. Se esixirá un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final. |
50 |
A2 A4
|
B1 B2 B5 B8
|
C1
|
|
Valorarase o traballo da/o alumna/o ao longo do curso. Na nota final, a
avaliación continua (prácticas) suporá un 50% e o exame final un 50%.
Será obrigatorio presentarse á proba final, e deberase sacar nela unha
cualificación superior a 4 puntos (sobre 10) para poder superar a
materia.
Na convocatoria extraordinaria aplicarase o mesmo baremo que na
ordinaria, contando a avaliación continua un 50% e o exame final un 50%.
Neste caso manteranse as cualificacións das probas de avaliación
continua e só se repetirá o exame final.
Requírese do alumnado que curse esta materia un comportamento
responsable e honesto. Considérase inadmisible calquera forma de fraude
(copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecemento e
habilidades acadados en todo tipo de proba, informe ou traballo. As
condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso
completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso
de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente
disciplinario. |