Prácticas de laboratorio |
Avaliarase o esforzo, a participación e os resultados dos alumnos na realización dos exercicios e casos expostos nas prácticas.
A non asistencia (máximo 2) a algunha das prácticas poderase liquidar coa presentación dunha memoria escrita e individual xustificativa da mesma. É necesario asistir ás prácticas ou ben presentar unha memoria das mesmas para optar á modalidade de ""avaliación continua"".
|
5 |
|
|
C20 C21
|
D3 D5 D7 D8 D10
|
O referido anteriormente está vinculado á modalidade avaliación continua (coa súa partes asociadas: traballo de prácticas, probas parciais e traballo). A nota mínima en cada unha das partes para poder compensar e aprobar a materia será dun 4,5 (sobre 10). Estas partes liberadas só se manteñen na convocatoria ordinaria (non nas seguintes, na que haberá que realizar o exame de forma completa).
Para aqueles alumnos que se auto-exclúan da modalidade avaliación continua (ou aqueles que non xustificasen a asistencia ou a presentación de memoria de prácticas de acordo ás normas comentadas anteriormente), para aprobar a materia terán que superar, tanto unha proba escrita final (que versará sobre os contidos desenvolvidos na materia tanto nas clases maxistrais como nas prácticas de laboratorio; non poderán optar á presentación das probas parciais), como a realización dun Traballo Tutelado de aplicación coñecementos nunha empresa real.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0)
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de *avaluación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non
superación da materia no presente curso académico e a cualificación
global será de suspenso (0.0). |