A materia permite ao alumnado coñecer a importancia dos sistemas de información como ferramenta de xestión e de mellora nas empresas, así como os conceptos básicos sobre as tecnoloxías da información e as comunicacións sobre as que se apoian estes sistemas de información.
Tamén se proporcionarán as nocións básicas necesarias para plantear as necesidades do sistema de información dunha organización.
Ademais, os estudantes adquirirán coñecementos sobre manexo de ferramentas de tratamento de datos e información.