Todos os alumnos, por defecto, serán avaliados de forma continua. Os alumnos que opten pola avaliación non continua deberán solicitar a mesma á dirección do centro, que é quen a concede. A avaliación continua implica que os alumnos: a) realicen as tarefas propostas durante as sesións de laboratorio, durante as cales van ser observados sistematicamente. b) fagan o exame de preguntas obxectivas, que pode incluír exercicios numéricos. Nas sesións de laboratorio, a puntuación será a mesma para todos os alumnos que estean no mesmo posto, coa observación sistemática que teña cada un individualmente. Nos traballos en grupo, a puntuación do traballo será a mesma para todos os integrantes do grupo, coa observación sistemática que teña cada un individualmente. Todos as probas valoraranse sobre 10 puntos, e en ningún delas pódese obter unha cualificación menor de 3 puntos. En caso de obter unha nota menor que tres puntos, a puntuación da proba pasa a valer cero puntos. Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, deberán presentarse a un exame de preguntas obxectivas na segunda convocatoria. Neste caso presérvanse as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio. Aqueles alumnos que escollan renunciar á avaliación continua deben presentarse a un exame de preguntas obxectivas, que valerá en 100% da nota da convocatoria. Esíxese un comportamento ético por parte do alumno. En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas. |