Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño Avanzado de Sistemas Electrónicos Industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O exame pode constar de preguntas tipo test, de preguntas curtas a desenvolver, de problemas numéricos. 68 A2
C1
C5
C11
C18
D1
Práctica de laboratorio As prácticas serán impartidas nos laboratorios do departamento, empregando a instrumentación e os equipos dispoñibles.
Tamén se empregarán ferramentas informáticas para o cálculo e análise.
27 A1
A2
C5
C18
D1
D9
Observación sistemática Os profesores da materia observasen a actitude de cada un dos alumnos nas distintas tarefas, tanto nas clases de teoría como nas prácticas de laboratorio. 5 D1
D3
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os alumnos, por defecto, serán avaliados de forma continua.

Os alumnos que opten pola avaliación non continua deberán solicitar a mesma á dirección do centro, que é quen a concede.

A avaliación continua implica que os alumnos:

a) realicen as tarefas propostas durante as sesións de laboratorio, durante as cales van ser observados sistematicamente.

b) fagan o exame de preguntas obxectivas, que pode incluír exercicios numéricos.

Nas sesións de laboratorio, a puntuación será a mesma para todos os alumnos que estean no mesmo posto, coa observación sistemática que teña cada un individualmente.

Nos traballos en grupo, a puntuación do traballo será a mesma para todos os integrantes do grupo, coa observación sistemática que teña cada un individualmente.

Todos as probas valoraranse sobre 10 puntos, e en ningún delas pódese obter unha cualificación menor de 3 puntos.
En caso de obter unha nota menor que tres puntos, a puntuación da proba pasa a valer cero puntos.

Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, deberán presentarse a un exame de preguntas
obxectivas na segunda convocatoria. Neste caso presérvanse as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio.

Aqueles alumnos que escollan renunciar á avaliación continua deben presentarse a un exame de preguntas obxectivas,
que valerá en 100% da nota da convocatoria.

Esíxese un comportamento ético por parte do alumno. En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas
realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán á dirección da escola
o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000