Resolución de problemas de forma autónoma |
Realizaranse dous Controis teórico-prácticos de avaliación continua (15% cada un). A súa valoración realizarase sobre 10 puntos cada un.
A Proba Final (PF) de avaliación continua (cun peso do 40%) realizarase na semana de avaliación e valorarase sobre 10 puntos. Será necesario obter unha nota maior ou igual a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua para poder optar ao aprobado por avaliación continua. |
70 |
|
B4 B5 B6 B9 B11
|
C13 C20
|
D2 D9 D10
|
O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, nos seguintes supostos: - A nota final de avaliación continua (NEC) é menor de 5.
- A non realización ou entrega da memoria de prácticas, salvo que sexa eximido por causa xustificada, ou a non superación do mínimo de 4 puntos nas mesmas.
- Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.
A nota de avaliación continua en caso de non cumprir algún do tres últimos requisitos será obtida mediante a expresión:
NECS = min (4, NEC).En calquera caso, o alumno que superase a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota. Nota importante: Un dos deberes de cada estudante universitario é "Absterse de empregar ou cooperar en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou nos documentos oficiais da universidade". (Real decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario). A participación en calquera procedemento fraudulento, así como a posesión de material non autorizado durante a realización de calquera das probas (como dispositivos electrónicos, notas ou calquera outra documentación relacionada co asunto) conducirá á suspensión na convocatoria actual (valorada 0) e informar á Dirección do Centro. |