Nota final e requisitos mínimos para superar a materia mediante avaliación continua: Para asegurar que o alumno adquiriu as destrezas mínimas en cada un dos aspectos da materia esixirase aos alumnos que alcancen unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final de teoría, de modo que a nota final en avaliación continua (NEC) calcúlase coas seguintes fórmulas: MED_CON = 0,15 PT1 + 0,15 PT2 + 0,40 ET + 0,25 L + 0,05 P NEC = MED_CON si ET ≥ 4 NEC = min(4, MED_CON) si ET < 4 É necesario que esta nota (NEC) sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre unha escala de 10) para superar a materia. O alumno que non supere a materia nesta convocatoria debe presentarse ao exame ordinario. Nota final e requisitos mínimos para superar a materia no exame ordinario: A nota final (NEO) calcúlase coa seguinte fórmula: NEO = 0,75 T + 0,25 L Onde: - T: representa a parte teórica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións de teoría. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
- L: representa a parte práctica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas relacionados coas prácticas ou algunha combinación das anteriores.
É necesario que esta nota (NEO) sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre unha escala de 10) para superar a materia. O alumno que non supere a materia nesta convocatoria ou en avaliación continua debe presentarse á convocatoria extraordinaria. Nota final e requisitos mínimos para superar a asignatura no exame extraordinario: A nota final (NEE) calcúlase coa seguinte fórmula: NEE = 0,75 T + 0,25 L Onde: - T: representa a parte teórica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións de teoría. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
- L: representa a parte práctica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas relacionados coas prácticas ou algunha combinación das anteriores.
É necesario que esta nota (NEE) sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre unha escala de 10) para superar a materia. Criterios de avaliación en caso de fraude académica: A fraude académica (a copia, o plaxio ou o seu facilitación a terceiros, así como o uso de dispositivos electrónicos non autorizados en calquera das probas das que consta a avaliación da materia) será penalizado da seguinte maneira: - Avaliación continua: o alumno non poderá aprobar a materia mediante avaliación continua, e será cualificado con NEC=0.
- Exame ordinario: o alumno será cualificado con NEO=0 y NPC=0.
- Exame extraordinario: o alumno será cualificado con NEE=0.
|